Moi boas tardes a todos!
Hoxe gustaríame compartir con todos vos un enlace que me fixo reflexionar e, dalgún modo, fíxome dar conta, aínda máis, da importancia da educación e do que un docente aporta aos seus alumnos.
Este enlace, céntrase na persoa de César Bona, o único español que figurou na lista dos 50 finalistas do Global Teacher Prize, un galardón inernacional que recoñece o labor do profesorado e ao que se presentan máis de 5.000 aspirantes de 127 países.
Este gran docente presenta unha nova forma de educar basada na empatía, en escoitar, na sensibilidade, na creatividade, na creatividade e que pon ao alumno no centro da aprendizaxe. Unha maneira de ensinar basada na súa capacidade para conectar cos alumnos e detectar que lles falta e qué pode motivalos.
Ademais de relatar todo o dito anteriormente, o enlace contén un video no que o propio César nos conta, dunha maneira moi cercana as súas propias experiencias como docente.
Asemade, á esquerda do enlace móstrase un vídeo, no que se explica qué é a educación emocional, e por qué é tan imortante impartila.
Se vos interesa todo isto, pinchade aquí.

No hay comentarios:
Publicar un comentario