Na miña primeira entrada ao blog quero adiantar que xunto cos meus compañeiros de proxecto tentamos levar a cabo a realización dunha revista dixital escolar fundamentada, principalmente, na atención á diversidade así como á educación nos valores transversais.
As nosas docentes, as cales nos orientan cara a realización do noso proxecto, proporcionáronnos unha serie de recursos TIC para orientarnos á hora de comezar e encamiñar dito proxecto.
Baixo a miña opinión todos me pareceron moi interesantes e útiles destacando a web "La prensa" (http://goo.gl/YpjyQT). É unha páxina onde se nos facilita información sobre a historia da prensa, así como a evolución desta no campo da tecnoloxí. Por outra banda tamén nos ensina a redactalas noticias que sexan axeitadas para o público ao cal son dirixidas así como que a linguaxe sexa o adecuado. Destaco desta páxina que nos fai ver cal é a diferenza entre unha noticia, unha mensaxe e un comentario que no día de hoxe consideramos a maioría das persoas moitas veces como palabras sinónimas.
En canto ás webs de revistas proporcionadas cabe resaltar "Letterpop", recurso empregado para a creación de revistas pero non menos importantes aquelas webs de revistas escolares as cales me proporcionaron unha visión máis clara do que é unha revista dixital, cales son as súas partes, como pode estructurarse así como os múltiples diseños que poden ser empregados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario