Ola a tod@s!
Hoxe voltamos para presentarvos o noso "borrador" ou "posibles" actividades que incluiremos no noso proxecto acerca da revista dixital escolar orientada á diversidade e inclusión do pobo xitano así como da educación en valores.
Levaremos a cabo 6 actividades, un audiovisual e unha webquest.
Entre as actividades diferenciamos as seguintes:
- Actividade de relacionar imaxes con elementos identificativos do pobo xitano.
- Laberinto con elemntos distintivos, donde teñen que seguir polo camiño correcto guiandose a través de valores de inclusión.
- Realización dunha sopa de letras onde aparezan os ingredientes dunha determinada receta dun plato típico do pobo xitano. Posteriormente desencadéase outro exercicio onde colocarán, en ocos en branco os ingredientes atopados para finalmente ordear a receita de forma correcta.
- Realizaremos un libro interactivo para mostras as costumes do pobo xitano, xa sexa música, traxes, relixión, arquitectura etc.
- Levaremos a cabo un mapa interactivo, con información adicional.
- Confeccionaremos un cómic onde se nos mostra un argumento sobre os xitanos tendo unha visión negativa deles pero pouco a pouco chagaremos a consideralos como persoas equivalentes a nós (argumento do "Patiño Feo").
En canto ao audiovisual realizaremos un vídeo con modelos ou persoas importantes, destacadas e famosas do pobo xitano e á vez iranse formulando preguntas.
No referente á webquest daremoslle vida e luz a historias narradas polos integrantes do pobo xitano para rematar cun cuestinario global sobre o que aprenderon os alumnos coas diferentes actividades ofertadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario