Ola a todos e todas, despois duns días de descanso volto para falarvos dunha ferramenta que empreguei xunto cos meus compañeiros.
Trátase de Wix, unha plataforma coa que podemos crear páxinas web.
Por que empregar Wix para crear as nosas páxinas web? Nós á hora de empregar esta ferramenta para a creación da nosa caza do tesouro sobre o pobo xitano atopamos que é unha plataforma con múltiples facilidades, pois é gratuita, dispón de diversas plantillas ou mesmo ten a opción de comezar cun borrador en branco, por outra banda tamén podemos editar e actualizar a nosa páxina no momento que nos precisemos.
Escollemos esta ferramenta entre outras opción pola súa facilidade no momento de elaborar páxinas web polo que vos convido a descubrir as diversas opcións que Wix ofrece aos seus usuarios.
Un saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario