viernes, 29 de abril de 2016

Aprendín o que non esperaba

Bo día.
Despois dunha semana volto para facer unha reflexión propia do que me supuxo comezar este proxecto cos meus compañeiros/as de aula.
Teño que dicir que non son moi amiga das novas tecnoloxías pois para falarvos con sinceridade son unha torpe neste tema.
Esta materia resultoume moi pero que moi complexa dende o principio. Non sei, pode que fose pola inexperiencia pero finalmente, voume con un bo sabor de boca. Aprendin moitas cousas que, na súa maioría, ignoraba. Poder crear actrividades para nenos e nenas fíxome sentir que son útil, que non so é a típica ensinanza tradicional a que existe, senón que se pode aprender e ensinar dende outras perspectivas moito máis lúdicas e levadeiras que fan que o alumnado se interese máis por aprender.

A pesares das dificultades e impedimentos que tivemos durante a realización deste proxecto, sei que volvería repetir a experiencia sen dubidalo.

Aprendín o que non imaxinaba aprender! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario