martes, 12 de abril de 2016

Educaplay

Bo día, hoxe volto para falarvos de Educaplay.

Trátase dun portal no que poder crear e compartir actividades educativas multimedia cun resultado atravtivo e profesional, as cales serven de utilidade a calquera docente para apoialo na úa clase e mesmo para reforzar contidos aprendidos dentro da aula. 
As actividades van dende crucigramas, sopa de letras, mapas interactivos, adiviñanzas, viodeoquiz, e outras moitas máis, as cales podes incrustar dentro de blogs ou mesmo páxinas web.

Nós escollemos este portal para a realización dalgunhas das nosas actividades e resultounos moi doado de manexar xa que é gratuito e so chega con rexistrarte sen ter a necesidade de descargar ningún programa no ordenador, mesmo ofrécenos o seu contido en diferentes idiomas.

Déixovos aquí o enlace por se querendes indagar por esta plataforma. Animádemosvos, é moi sinxelo! 

Saúdos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario