Este blog es realizado por un grupo de chicos y chicas que se proponen la creación de una revista escolar digital, que tiene como objetivo ayudar al desarrollo del plan de atención a la diversidad de una escuela primaria específicamente para el alumnado de cuarto y quinto curso
sábado, 30 de abril de 2016
Interesante e necesario.
Pois como ben indica o título, esta entrada estará adicada a miña reflexión sobre a materia e sobre este proxecto que, os meus compañeiros e eu, levamos a cabo.
Antes de nada, gustaríame decir que miña relación coas novas tecnoloxías é nula, por non decir case inexistente; sen embargo, nesta materia de Novas Tecnoloxías da Educación aprendín do necesarias e útiles que son, e sobre todo no ámbito ao que queremos chegar: ao educativo. As TIC son unha das ferramentas principais, que deberían estar presentes a día de hoxe en todas as escolas, dispoñibles para todos os nenos e nenas, xa que son unha fonte de axuda para todos eles. Aportan tanto aos mestres e mestras como ao alumnado un reforzo nos coñecementos e contidos que se imparten.
En canto ao proxecto, obviamente aprendín acerca da cultura xitana, pero sobre todo os valores que debemos ter presentes no noso día a día, e que as veces esquecemos, para que a inclusión sexa posible. Aprendín que sexamos da cultura que sexamos, relixión, cor de pel, etnia ou nacionalidade somos personas, e isto tense que trasladar as aulas, xa que aí é onde verdadeiramente se pode cambiar a sociedade.
Na miña opinión, un proxecto interesante a par que necesario!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario