Como primeira entrada a este blog, pola miña parte gustaríame mostrar a miña opinión en canto esta idea, posto que me parece algo sumamente importante para a nosa formación como futuros docentes.
Todos os membros do grupo estivemos dacordo en escoller unha revista escolar adicada a atencióm a diversidade, e a interculturalidade; decidimos isto xa que nos parece unha boísima ferramenta, a par que útil, para os centros educativos, para que os seus alumnos e docentes establezan unha mellor relación e comunicación.
Os recursos propostos polas nosas docentes, que tratan os temas xa citados anteriormente, foron de gran axuda para orientar o proxecto; na miña opinión, gustaríame destacar o programa "Aprendo con el periódico", o cal utiliza a prensa escrita como ferramenta didáctica na aula, promovendo así a lectura e fomentar lectores críticos.
Por outra parte, cabe destacar o formato da revista :http://www.educaciontrespuntocero.com/ . Unha revista educativa e didáctica para a aula.
Tamén me gustaría compartir a páxina `Letterpop`, recurso que nos ensina a crear revistas dixitais, e páxinas educativas.
A revista `Revistaparacomunicar`é un bo exemplo de revista educactiva, xa que é unha revista cientifica trimestral e bilingüe en inglés e español.
Para rematar, recalcar a gran importancia que teñen as TIC a día de hoxe nas aulas, e que cada vez será maior, posto que a evolución tamén implica á educación, e as TIC son a ferramenta idónea para mellorala e facer más sinxelo e lúdico o ensino
No hay comentarios:
Publicar un comentario