Dropbox é un servizo que che permite almacear os arquivos por Internet; servizo de
aloxamento de arquivos multiplataforma na nube. Pode accederse a estes
arquivos mediante calquera aparato que conectas coa túa conta, xa sexa móbil,
ordenador, tablet, etc.
O servizo de Dropbox tamén nos permite transferir arquivos ou programas,
así como ter carpetas compartidas as cales podemos sincronizar cos nosos
compañeiros.
En resumo, trátase dun sincronizador de arquivos no que poder ver a última
versión dos nosos arquivos.
Unha das vantaxes que presenta é a posibilidade de subir e gardar arquivos
de calquera formato e tamaño; podemos recuperar os nosos arquivos perdidos en Dropbox;
pode haber máis de un usuario nunha conta.
Por outra banda, penso que unha das fraquezas deste servizo, inicialmente gratuíto
cando te rexistras, é da dispoñibilidade de só 2GB de espazo na nube o cal se
pode aumentar ata 18GB mediante diversas accións (todas co obxectivo de
patrocinar Dropbox). Se precisamos máis deses 18GB deberase de mercar a versión
profesional desta ferramenta TIC e pagar mensualmente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario