Moi boa tarde lectores e lectoras!
Hoxe quero falarvos de por que creamos unha revista dixital os meus compañeiros e máis eu enon unha revista impresa. Pois ben, como ben sabedes, o emprego das TIC nas aulas aumenta día a día de forma notoria xa que estas favorecen actitudes, estimulan e ofrécennos diversidade de recursos de apoio na ensinanza.
Pero non so teñen estas ventaxas as TIC, entre elas as revistas dixitais que son ecolóxicas, é dicir que non se precisa do gasto de papel nin tinta para a súa producción, son accesibles e dispoñibles podendo acudir a elas en calquera momento e lugar desexado, existe un aforro económico considerable debido a que xa non é preciso imprimir nin distribuílas. Por outra banda, nas revistas dixitais podemos incorporar contidos que nas impresas non no lo podemos permitir, tales como vídeos, audio, enlaces, etc.
Como podedes ver as revitas dixitais gozan de moitas ventaxas pero credes que teñen algún inconvinte?
Para o meu punto de vista si, pois precisas de acceso a internet para poder achegarte a elas así como a incomodidade de ter que ler en pantallas.
Déixos un enlace que atopei sobre este tema.
Saúdos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario