jueves, 21 de abril de 2016

Critícannos.

Bo día, hoxe vimos os 4 integrantes deste blog para falarvos das críticas que nos fan compañeiros coa mesma intención ca nós ou intencións parecidas de crear revistas dixitais, periódicos dixitais, E-Books... para os nenos e nenas de Educación Primaria.
Pero non todas as críticas son malas, non vaiades pensar. As críticas que nos fixeron sempre foron boas e positivas e fíxonos sentir que o traballo que levamos feito ata agora co noso proxecto vai encamiñado polo sendeiro correcto.
Comentáronnos na entrada na que vos amosamos a todos e todas vós a nosa porposta de Caza do Tesouro no que se nos comentaba que as imaxes, vídeos e contidos e escollidos pola nosa parte sobre a cultura xitana refleba moi ben o que é e en qué consiste dita cultura.
Por outra banda comentaronnos na entrada de "Contra os estereotipos", entrada na que deixamos unha guís de estereotipos contra o pobo xitano. 
Debemos de fcer forza para eliminar e suprimir os estereotipos e respetar as diversas culturas por iso é interesante seguir esta guía.

Sen máis, dámosvos as grazas por lernos día a día.

Sodes xeniais! Saúdos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario