martes, 26 de abril de 2016

En canto a educación.

Moi bo día! Hoxe comparto convosco unha noticia que, como ven reflexa o título, trata sobre a educación na cultura xitana. Paréceme de gran interese posto que todos os membros de este blog estamos a estudar Educación Primaria, e unha noticia coma esta deberíanos facer reflexionar. A poboación xitana esapañola e o conxunto da cidadaníafoise reducindo nas últimas décadas. Sen embargo, a distancia segue sendo moi grande, e a tasa de fracaso escolar deste colectivo cuadriplica a media española. De entre a xuventude de entre 16 e 24 anos apenas un 13,3% abandona os estudos sen obter o título de graduado na ESO, a cifra dísparase ao 64,4% entre aos novos de este colectivo. Os autores do estudo estiman que se implantou "unha visión máis positiva da educación e da escola por parte da comunidade xitana", o que supuxo unha clara milloría con respecto a xeración anterior. Espero que sexa do voso interese; so tedes que premer aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario