martes, 16 de febrero de 2016

A búsqueda dos meus recursos

Ola a todos! Gustaría contarvos a miña eexperiencia nesta entrada de como foi a búsqueda dos dous recursos TIC, que propuxen en entradas anteriores, para o alumnado de primaria.
A pesar de non ter moita idea en canto á tecnoloxía en sí se refire, foime sinxelo atopar ditos recursos, xa que o tema que tratamos neste blog:  a eduacación inclusiva, ten unha gran cantidade de información, actividades, outros blogs, documentos, xogos,etc.
Sen embargo, non tiña moi claro a qué me podería atopar, ou qué era o máis axeitado: un xogo, xa que este proxecto está orientado aos alumnos de primaria, un blog, ou o nomeado anteriormente.
En primeiro lugar decanteime por un xogo chamado " A las puertas de Babylonia", o cal permite aos alumnos poñerse no lugar dunha persoa dun país diferente que por certas circunstancias  (económicas políticas,etc.) veuse na obriga de emigrar ao país no que o alumno nese momento está , e inmediatamente che explica o caso desa persoa: cantos quilómetros tivo que percorrer para poder estar a día de hoxe alí e o que isto lle supuxo. Este exercicio de reflexión paréceme moi interesante, xa que obriga aos nenos a poñerse no lugar dos demáis, de xente que, seguramente, esté nesas circunstancias na súa clase. Ademais de todo isto, cun simple clik sobre un país, explícanos a cultura dese país: arte, música, gastronomía...
E en segundo lugar, propuxen o corto "Cuerdas", o cal foi nominado a un Goya a mellor corto. Conta a historia dun novo alumno considerado por moitos dos seus compañeiros como "diferente" por ter unha parálise cerebral, pero non todos son iguais e o tratan da mesma forma, xa que unha compañeira, María, é a única que se propón axudalo.
Considero que ambos recursos poden ser moi útiles nun aula en primaria, xa que ambos mostran que a pesar diferente: por etnias, culturas, países ou condicións físicas ou cognitivas, todos somos persoas humanas e merecemos os mesmos dereitos e o mesmo respeto. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario