Boa noite a todos e todas!
Volto de novo para contarvos o que me supuxo a búsqueda de recursos educativos, dos cales vos falei en anteriores entradas ao blog.
Por certo, espero que vos parecesen interesantes e tamén de utilidade!
En realidade, supúxome unha dificultade á hora da búsqueda deles xa que as novas tecnoloxías digamos que non é un dos meus puntos fortes e non chego a dominalas nin sequera medianamente "ben" digamos que só as emprego para o máis básico (búsqueda de información, realización de traballos académicos e pouco máis). A isto de non dominar as novas tecnoloxías teño que sumarlle a miña fustración, desesperación e falta de paciencia xa que ás veces non atopo o que realmente quero ou atopo algo interesante pero á vez incompleto.
En definitiva, non é tarefa doada o que facemos pero á hora de pornos a traballar conseguimos algo que, a pesar das dificultades e a complexidade que resulta polo menos para min, nos satisface positivamente xa que pretendemos unha sociedade incluisiva, na que se valore a riqueza da diferenza. Buscamos como conseguila e ainda que non fose doado, finalmente sentímonos ben con nós mesmos xa que vemos que, como futuros mestres que somos, poderemos chegar a educar en valores así como a que toda a colectividade educativa atenda e respete a diversidade nas aulas por medio de numerosos recursos educativos en formato dixital e non so de modo tradicional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario