Boa tarde, lector@s!!
Hoxe volto para falarvos dunha revista dixital creada no Colexio Mirabal de Madrid.
Paraceme interesante compartila convosco xa que pode ser un claro exemplo do que intentamos crear tanto os meus compañeiros de proxecto coma eu. Tentamos crear unha revista dixital na que se recolla a atención á diversidade así como a educación en valores.
A revista dixital creada no colexio madrileño, unha revista por mes máis unha final onde se engloba un resumo do anuario do curso, vai encamiñada principalmente a plasmar as actividades levadas a cabo cos alumnos durante os diferentes meses, xa sexa nos distíntos cursos de educación infantil como de primaria.
Escollo esta revista dixital para amosarvos xa que nos pode axudar a encamiñar en canto ao deseño e estructura que queremos que a nosa revista dixital chegue a acadar.
Se vos interesa dita revista, pinchade aquí.
Espero que vos sexa de utilidade! Saúdos moi afectuosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario