Boa noites xentiña, que tal vos foi a Semana Santa?
Despois duns días de descanso e vacacións escribovos esta entrada sobre os espazos nos que habitúan vivir os cidadáns da cultura xitana.
Un dos principais estereotipos sobre a cultura xitana afirma que a maioría dos xitanos e xitanas viven en chabolas en condicións precarias e cunhas malas condicións hixiénicas e de vida. É un 88% da poboación xitana que vive en casas normalizadas, quedando un 12% de persoas que viven en infravivendas (chabolas ou covas, principalmente nesta última pola zona de comunidade andaluza).
Pero sí e verdade que case a metade das vivendas habitadas polos cidadáns do pobo xitano, sexan vivendas normalizadas ou infravivendas, se atopan situadas en zonas e ambientes vulnerables.
Deixovos unha noticia que atopei sobre este tema.
Boa semana, voltarei pronto!