Bo día, hoxe queremos compartir convosco as nosas expectativas de cara ao noso informe de proxecto. Este consiste na elaboración dunha revista dixital escolar a cal se levará a cabo nun centro de Ourense, concretamente no barrio de O Couto onde existe unha maior afluencia de alumnos de cultura xitana.
Introduciremos entre outras cousas diversas actividades xa elaboradas en semanas anteriores (sopa de letras, videoquiz, cómic, actividades de relacionar, libro interactivo, laberinto, mapa conceptual e actividades de rechear ocos) as cales se resolverán nos cursos de 4º e 5º curso de Educación Primaria, concretamente na materia de Valores Cívicos e Sociais. Estabatería de distíntas actividades recibirá o nome de "Adéntrate".
A súa temporalización constará de 3 meses xa que a nosa intención é crear unha revista escolar dixital cada trimestre, ao cal se lle adicará a cada un deles unha cultura diferente.
A parte das actividades, elemento principal do noso proxecto, abarcaremos outros apartados comezando por unha pequena introducción que se unirá a unha breve contextualización do tema. De seguido, o seguinte apartado a tratar será: "Días escolares", que abarcará todos aqueles días do ano que están relacionados, por exemplo, o día 8 de Abril: día internacional da etnia xitana.
Por outro lado, levarase a cabo un amplio apartado que denominaremos como: "A súa cultura", este dividirémolo en pequenos apartados: gastronomía, música, danza, relixión, a estructura familiar, costumes, refráns e pensamento.
Unha vez explicados os apartados anteriormente citados, comezaranse a levar a cabo as actividades que previamente foron creadas co fin de comprobar que os alumnos comprenderon todos os contidos.
Asemade, non pretendemos que os alumnos adquiran só unha serie de datos senón que adquiran unha serie de valores de forma natural, tales como a igualdad, o respeto e a liberdade.9
Por último, opinamos que esta revista (así como cada unha das que se levan a cabo en cada trimestre), non so debe ser orientada aos nenos, senón que tamén debe ser orientada aos pais, xa sexa facilitándolle o acceso na participación desta.
Sen máis, esperamos que este proxecto sexa do voso interés, moitas grazas pola vosa atención!